Este visor suple a falta de información pública e accesible en Galicia sobre os sistemas de abastecemento municipais de auga potable. Nel pódese consultar o número de sistemas de abastecemento que existen en cada concello e cómo se xestionan actualmente (público ou privado a través de concesión a empresa). Fornécese ademáis información sobre o volume de auga suministrado, que se contrasta co volume facturado polo Concello para obter un ratio de perdas no sistema, e tamén sobre os custos económicos para o Concello e consumidores. Toda a información para a realización do visor foi obtida coa colaboración dos 315 concellos galegos.