Bases da Convocatoria de Proxectos de Investigación no marco do "Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común" Pechada e Resolta

La convocatoria para el año 2022 se ha cerrado el pasado 14 de marzo de 2022

O día 28 de febreiro de 2022 a comisión evaluadora firmou a resolución da “Convocatoria de proxectos no marco do Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común”. Publícase en data 4 de abril de 2022.

RESOLUCIÓN:

Resolución 2022

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a rede de investigación Artigo9Tech abren unha convocatoria para a financiación de proxectos de investigación en tecnoloxías para o desenvolvemento humano (TpDH).

A convocatoria enmárcase dentro do proxecto "Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión dende escolas técnicas da Universidade galega", financiado pola Convocatoria de Accións de Educación para o Desenvolvemento 2021 da Xunta de Galicia.

Obxectivo

Promocionar a investigación en tecnoloxías para o ben común.

A convocatoria ten como obxectivo promover contribucións multidisciplinares ao desenvolvemento, ao uso e á promoción de novas tecnoloxías e enfoques técnico-científicos sobre a cooperación (local e internacional) e conceptos innovadores de desenvolvemento e sustentabilidade.

Quen se pode presentar?

O PDI de calquera universidade pública galega (financiarase só un proxecto por investigador).

Cómo participar na convocatoria?

Cubrindo o formulario, dispoñible ao fondo desta páxina. É preciso anexar dous ficheiros:

  • O CV actualizado do PDI responsable da proposta
  • Un ficheiro (texto ou folla de cálculo) que desagregue co máximo de detalle posible o orzamento de gastos da proposta, tendo en conta que os fondos ingresados só poderán destinarse a remuneracións (bolsas persoais, coa retención IRPF correspondente) ou material non inventariable (gastos contra factura emitida a nome de ESF).

Cal é o importe financiado?

Para esta convocatoria destináronse fondos para un total de 8.000€.

Financiarase un máximo de 3.000,00€ por proxecto co que se poderán pagar retribucións ou material non inventariable. Os fondos asignados a cada proxecto transferiranse en dous pagos: 50% dos fondos despois da aceptación da axuda, e o 50% restante coa entrega da memoria técnica e económica final de execución do proxecto.

Prazo

É posible participar na convocatoria ata o 14 de marzo de 2022.

Os resultados do proceso de selección comunicaranse a comenzos de abril de 2022.

Os proxectos seleccionados deberán desenvolvese durante o curso 2021/2022. Ao rematar os proxectos, deberán presentarse unha memoria técnica e económica e os xustificantes dos gastos solicitados antes do 31 de outubro de 2022.

Avaliación

O comité de avaliación estará composto por dous membros de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e dous membros da rede de investigación Artigo9Tech e será paritario.

Valorarase:

  • O axuste do proxecto ao concepto tecnoloxía para o ben común
  • A viabilidade técnica e económica do proxecto
  • A participación de persoal da comunidade universitaria e da sociedade en xeral no proxecto
  • A visibilidade da actividade incluíndo as actividades de difusión previstas


Para calquera dúbida sobre as condicións da convocatoria, é posible contactar co equipo responsable no enderezo: artigo9tech@cartolab.eu co obxecto "Convocatoria TpDH".