TpBC: Tecnoloxía para o Ben Común

Dentro desta actuación programáronse 11 xornadas e faladoiros temáticos sobre tecnoloxía para o ben común adaptados a cada unha das escolas técnicas das 3 universidades publicas galegas. Nestas xornadas búscase adaptar os contidos aos sectores de máis interese de cada facultade, en base a exemplos de uso da tecnoloxía ao servizo do ben común que Enxeñería Sen Fronteiras e as súas colaboradoras (algunhas delas tamén membros de Artigo9Tech) impulsaron e impulsan en Galicia ou outros países de traballo (Honduras, no caso de ESF).

Ate o momento leváronse a cabo os seguintes faladoiros:

  • Reflexións críticas sobre o sistema enerxético actual. Tivo lugar na ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC, o día 13 de maio de 2021 e asistiron 6 persoas.

  • Faladoiro Coñeces ESF. Tratouse dun faladoiro no que Enxeñería sen Fronteiras explicou os seus ámbitos de actuación e como botar unha man, poñendo a tecnoloxía ao servizo dos dereitos humanos mentres estudas, investigas ou das clase. Efectuouse o 1 de decembro de 2021 na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo e tamén se levou a cabo ese mesmo día na Escola de Enxeñería Industrial da Uvigo, na universidade na que naceu ESF. Nesta mesma liña, tamén se realizou o mesmo faladoiro na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, da USC, o 14 de decembro de 2021.

  • Faladoiro Posibilidades de Realización de TFM-TFG con ESF. O día 15 de decembro de 2021 Sergio Fernández, de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, impartiu a charla “Colabora con Enxeñería Sen Fronteiras mentres estudas ou fas o TFM-TFG na Escola Prevención e Seguridade Integral en Ferrol.

  • Faladoiro Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre en Galicia. Neste faladoiro explicouse o que se fai nos bancos de reciclaxe electrónica e como colaborar con Enxeñería Sen Fronteiras. Tivo lugar o 16 de decembro de 2021 na Escola Superior de Enxeñería Informática da UVigo, en Ourense.

  • Faladoiro profesorado con ESF. Efectuado o 14 de decembro de 2021 na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, da USC. Tratouse principalmente o enfoque do TFG/TFM á cooperación internacional.

  • Faladoiros temáticos sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas

Resultados

1. Informe Liña Base. Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega

Liña Base. Tecnoloxía ao servizo do ben común, da cidadanía global e da inclusión nas escolas técnicas da universidade galega

Resumo Liña Base

Resumo Liña Base

2. Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común

3. Informe de viabilidade do Máster en Tecnoloxía para o Ben Común

Informe de viabilidade do Máster

4. Visor abastecementos de auga en Galicia