Javascript is required

descrición

Monelos River Revival é un proxecto que se desenvolve desde cartoLAB (Laboratorio de Enxeñería Cartográfica) dentro da ETS de Enxeñería de Camiños Canles e Portos da Universidade da Coruña e ten como protagonista ao Río Monelos da cidade A Coruña.

A pesar de ser durante séculos fonte de vida para a cidade da Coruña, actualmente o Río Monelos, atópase soterrado no seu maior parte.

Co cambio de paradigma, preténdese descubrir e revivir e para iso preténdese contar coa cidadanía.

Preténdese coñecer o Río, as súas orixes, historia, transformacións e estado actual, para poder reflexionar e deseñar unha proposta de restauración dos tramos máis significativos, dentro do contexto de fomento da infraestrutura verde que se promove desde as institucións europeas, identificando e poñendo en valor os servizos ecosistémicos que proporciona o río.

Copyright © 2023 MonRiveR-CartoLab

Descriptor Monriver