metodoloxía
Este proxecto consta de duas partes principais:
- Un traballo de investigación
- Un proceso divulgativo e participativo
Público obxectivo
- Comunidade científica: desenvolver unha liña de acción sobre o río Monelos
- Público en xeral ("grupo de ciudadáns e grupos de interese"): fomentar o crecemento da conciencia comunitaria sobre o río Monelos para acadar o compromiso da comunidade
Análises específicas
Para acadar este obxectivo xeral, márcanse tres análises específicas:
Caracterización integral do río
Situación actual e estado de referencia.
- Coñecemento da historia do río Monelos e do contexto social no que se ten desenvolvida a súa transformación.
- Definición da traza atual do río Monelos e dos seus afluentes
Modelización do río
Simulación numérica do leito do río para diferentes escenarios.
Propostas de actuación
Formulación de diferentes alternativas de actuación para a mellora da conca fluvial do río Monelos, dende un punto de vista global e tendo en conta todos os factores identificados na investigación.