En Maputo máis dun 80% da poboación vive en condicións de precariedad urbana, asociada á deficiencia ou ausencia de servizos urbanos básicos e condicións de habitabilidade por debaixo dos estándares.
A cuestión agudízase, en parte, porque a produción do hábitat depende fortemente das posibilidades individuais, ca ausencia da asistencia profesional e a insuficiencia dos esforzos de operadores externos.
Consulta de estratexias
Recoñecida a capacidade da poboación para xestionar o seu propio hábitat, KAYA CLÍNICA apoia ás persoas para mellorar a condición do medio no que viven con técnicas e procesos accesibles, de acordo cunha estratexia Bottom-Up que está asegurada por unha asistencia directa a quen a necesita.
KAYA CLÍNICA pon a disposición, nun consultorio ubicado no corazón do barrio, todo o seu potencial técnico e científico para resolver os obxectivos identificados, analizando a realidade local e introducindo propostas para o futuro.
Como actúa KAYA CLÍNICA
Asiste, analiza, investiga e actúa sobre os procesos, os sistemas e os elementos habitacionais.
Procesos:
- Legalización da relación de moradores co municipio.
- Racionalización dos procesos de produción de materiais de construción.
- Estandarización de procesos e elementos de construción.
Sistemas:
- Recoñecemento dos conxuntos e das comunidades urbanas.
- Avaliación dos servizos urbanos e infraestruturas.
- Deseño de proxectos tipo, para mellorar o confort e a habitabilidade doméstica.
- Asistencia na dotación de sistemas de auga, saneamento e tratamento de residuos sólidos.
Arquitectura:
- Levantamento de casas a efectos de catastro.
- Mellora habitacional (iluminación e ventilación natural, arranxos exteriores e acabados).
- Desenvolvemento de solucións arquitectónicas para responder a futuras demandas de ampliación e construción da primera planta das vivendas.
Enxeñaría:
- Asistencia técnica directa en cuestións de construción.
- Solucións tecnolóxicas apropiadas para a colocación da primeira planta nas casas existentes e a estandarización de procesos edificatorios.
Xeografía:
- Asistencia na delimitación de quarteirões (división administrativa do barrio).
- Xeorreferenciación das parcelas e da estrutura viaria.
- Organización dun sistema de información xeográfica do barrio.
Medicina:
- Realización dunha enquisa masiva sobre a situación da saúde pública no barrio.
- Análise da relación entre os problemas sanitarios e as condicións do hábitat e das vivendas debidas aos tipos de abastecemento de auga, de enerxía, de saneamento, etc.
Dereito:
- Sistematización dos procesos de adquisición do DUAT (Direito do Uso e Aproveitamento de Terra).
- Asesoramento en cuestións de transmisión do dereito sobre a terra, as infraestruturas, as construcións e aspectos vinculados á sucesión.