Logo Kaya Clinica Kaya Clínica
  • Proxecto
  • Obxectivo
  • Equipo
  • Metodoloxía
  • Resultados
  • gl lang-world-icon
    gl Galego pt Português es Español en English
Maputo image

Obxectivo

Implementar un prácticum na UEM

Este prácticum articula formación e acción para mellorar a capacitación docente da comunidade académica da UEM e está ofertado a todos os centros universitarios con competencias e intereses na construción do hábitat, o territorio, o medioambiente e as infraestructuras, así como aqueles que poidan intervir na construción participativa de cidades. As accións son realizadas mediante a metodoloxía de aprendizaxe-servizo, aplicándose no corazón do barrio de George Dimitrov, un dos barrios autoproducidos da cidade de Maputo. KAYA CLÍNICA concíbese como uha operación replicable na cidade e exportable a outros ámbitos con problemáticas similares, enriquecendo a actividade docente e investigadora da UEM ca súa práctica nun entorno verídico e non sempre ben atendido desde a Academia.

obxectivo1


Promover a equidade de xénero

As condicións de hábitat repercuten directamente na saúde das mulleres, que son as que tradicionalmente levan o peso das tarefas domésticas e reprodutivas a causa da división sexual do traballo, co cal, se non dispoñen de espazos ventilados, iluminados, seguros e salubres, verán mermadas as súas condicións de saúde. Por isto, durante a identificación do proxecto, priorizouse traballar cas mulleres cabezas de familia en situación de pobreza dos barrios informais da cidade de Maputo. Durante a execución de KAYA CLÍNICA, as propias mulleres dos asentamentos informais participaron directamente no seguimento e avaliación do mesmo.

obxectivo2


Fomentar a sostibilidade ambiental

A mellora de servicios urbanos como o saneamento, tratamento de augas, reciclaxe e xestión de residuos mitigarán o impacto ambiental existente na zona de intervención de KAYA CLÍNICA.

obxectivo3


Protexer os Dereitos Humanos

KAYA CLÍNICA traballa para mellorar a dispoñibilidade, accesibilidade, aceptabilidade, calidade, sostibilidade e participación da poboación dos barrios informais de Maputo ao seu dereito a un nivel de vida adecuado que lles asegure, así como ás súas familias, a saúde e o benestar recollido no artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

obxectivo4


Garantir a replicabilidade do proxecto

O carácter innovador do proxecto KAYA CLÍNICA de implementación dun sistema de apredizaxe-servizo para o alumnado da UEM, enfocado a habitabilidade integral (auga, saneamento e mellora do hábitat) respaldaríase na verificación de resultados positivos nas dimensións "académica" e de "servizos" do proxecto, validando a metodoloxía de traballo proposta. Producir resultados académicos relevantes no ámbito científico, que indican a expansión do coñecemento nas áreas nas que o proxecto intervén e que os servizos comunitarios prestados dean como resultado procesos máis eficaces e produtivos que os existentes, garantirían a viabilidade futura e a replicabilidade da iniciativa.

obxectivo5


Colaboran:

Financiado por:

go-top-page-icon

© 2018 UDC Creative Commons Licence