Dentro da 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do “Programa de impulso á investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común” profersores e investigadores da UDC e a Asociación HABITAMOS levaron a cabo un proxecto multidisciplinar de investigación en tecnoloxía prefabricada para vivenda de baixo custe en entornas vulnerables. Esta tecnoloxía está baseada en materias naturais e sistemas de bioconstrución, coa participación activa dos estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC).
Na primeira etapa do proxecto deseñáronse os sistemas construtivos adecuados e elixíronse os materiais óptimos e dispoñibles na Coruña para a súa construción, tendo en conta os recursos locais e a reutilización de residuos. Despois, fixéronse probas de capacidade estrutural e resistencia deses materiais para constatar a viabilidade da vivenda.
A segunda etapa consistiu nunhas charlas e obradoiros técnicos que se desenrolaron na ETSAC nos días 8 e 9 de abril dirixidos por técnicos expertos en bioconstrución. As comezaron dun xeito máis xenérico falando do que é a biocostrución e presentando experiencias. Despois, nos obradoiros, se estudaron e deseñaron distintos sistemas que se foron convertidos en realidade polo alumnado e analizados.
Se testaron, a través de construción real, o funcionamento e a idoneidade de diferentes cerramentos e paneis prefabricados potenciando a adaptación ó lugar, os materiais da contorna, o consumo eficiente, e as técnicas respectuosas co medio ambiente. Buscouse minimizar o coste dunha construción dos elementos prefabricados para a vivenda, e tamén acadar unha boa inercia e illamento térmico do sistema, a transpirabilidade do cerramento, a súa regulación higrométrica, e a redución de residuos fronte a outros sistemas.
Os materiais testados e os elementos prefabricados construídos polos participantes no obradoiro incluíronse nunha exposición que quedou colocada na ETSAC, na que se comparan con fotos dun obradoiro similar que desenrolou a Asociación Habitamos previamente cos desprazados polos conflitos bélicos na rexión de Cabo Delgado no norte de Mozambique.