O proxecto Supermercado 4.0, parte dunha tese de doutoramento do Grupo de Investigación TALIONIS, foi seleccionado na 2ª Convocatoria do Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común. Este traballo céntrase no deseño e aplicación de solucións de Realidade Virtual (RV) para mellorar a participación e recuperación de persoas con discapacidade.
Os procesos de intervención terapéutica e rehabilitación deste colectivo soen ser longos e, en moitos casos, desmotivadores, dado que as actividades realizadas nos centros hospitalarios ou de tratamento adoitan ser repetitivas e mecánicas. Esto limita a atención, participación e involucración das persoas usuarias, reducindo os resultados esperados e a eficiencia dos recursos empregados. Neste contexto, a Realidade Virtual emerxe como unha ferramenta tecnolóxica que permite crear contornas virtuais inmersivas e interactivas. Estas contornas, deseñadas para simular escenarios reais, ofrecen novas posibilidades para realizar exercicios de rehabilitación de forma máis motivadora, reducindo a monotonía e incrementando a participación activa das persoas. Sen embargo, as aplicacións comerciais de RV dispoñibles no mercado presentan limitacións que dificultan a súa implementación no ámbito da rehabilitación, como instruccións complexas, escasa posibilidade de personalización, idioma extranxeiro ou ausencia de monitorización da actividade realizada. Estes inconvenientes subliñan a necesidade de deseñar e desenvolver solucións de RV específicas para as persoas con discapacidade, adaptadas ás súas necesidades e ás das profesionais encargadas da súa rehabilitación.
Así, o proxecto "Supermercado 4.0" xorde como resposta a estas necesidades. A proposta ten como principal obxectivo o desenvolvemento de espazos virtuais personalizados e interactivos, que permitan traballar habilidades motoras, cognitivas, perceptuais e sensoriais dun xeito lúdico e motivante.
O escenario principal deseñado é un supermercado, que simula actividades instrumentais da vida diaria, como buscar e escoller produtos, xestionar unha cesta de compra ou pagar na caixa. Estas tarefas, integradas no contexto virtual, facilitan o traballo indirecto sobre habilidades específicas necesarias na vida cotiá, promovendo a independencia funcional das persoas usuarias.
As actividades xeradas foron derivadas e desenvolvéronse en colaboración con asociacións como ADACECO e COGAMI, a partir das necesidades de usuarios e profesionais, tras probas previas que identificaron melloras e novas funcionalidades requiridas. Estes espazos ofrecen un recurso gratuíto e accesible, pensado para ser transferible e escalable, permitindo o seu uso en distintos contextos rehabilitadores.
O escenario de simulación da contorna do supermercado xerouse a través dun deseño 3D optimizado para lentes Meta Quest, e integrando detalles realistas como produtos, andeis, sistemas de ventilación e cartelería traducida ao español.
Diseñáronse e programáronse 8 actividades, entre elas, realizar compras axustadas a un orzamento, clasificar froitas, traballar con alturas ou practicar pagos con moedas e billetes. Todas son personalizables segundo niveis de dificultade, tempo e tipo de tarefa.
As tecnoloxías empregadas para o deseño e programación implica software específico como Unity, C#, Blender, así coma e recursos dixitais de plataformas como Unity Asset Store e Sketchfab.
As oito actividades deseñadas ponden ser personalizadas segundo as necesidades da persoa usuaria e rexistrar o seu progreso, facilitando un seguimento terapéutico obxectivo por parte das profesionais. Tras probas iniciais, incluíronse melloras como a posibilidade de elixir a man dominante, optimización da interface de usuario, incorporación de novas actividades e redución do tamaño do supermercado para facilitar a navegación. Tamén se elaborou un manual de uso e configuración para facilitar a súa implementación.
Actualmente, a aplicación está dispoñible en fase de probas na tenda de Meta Quest. Todas as personas interesadas en probar a versión beta poden solicitar a súa descarga a través deste formulario web.
Nos vindeiros desenvolvementos planéanse máis probas con novas asociacións e buscarase expandir as funcionalidades das actividades e a súa distribución, optimizando a funcionalidade global dos escenarios xa creados.