Matemáticas tanxibles: Innovación Educativa y Tecnología 3D para las Aulas

Artigo9tech Galicia jornadas proyectos

Imaxe dunha cativa xogando cun xoguete de pezas ensamblables de cores

Esquema de tres conceptos chave do proxecto. Experimentar, Representar e Simbolizar

O proxecto Matemáticas Tanxibles posiciónase como unha resposta innovadora aos desafíos de aprendizaxe en matemáticas na Educación Infantil e Primaria. O seu principal propósito é pechar as brechas na comprensión e incrementar o interese en matemáticas, especialmente en estudantes que enfrontan dificultades significativas.

A cargo da proposta está un equipo multidisciplinar formado por persoal da Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e o Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar que busca introducir conceptos matemáticos de maneira manipulativa e empregando recursos impresos en 3D.

Os recursos manipulativos permiten que os conceptos abstractos, como sumas, restas ou fraccións, transfórmense en experiencias tanxibles, fomentando o pensamento lóxico, a creatividade e a resolución de problemas. Ademais, a iniciativa promove o interese polas titulacións STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas) desde unha idade temperá. O proxecto conta coa tecnoloxía de deseño e impresión 3D como piar fundamental, utilizando filamentos e resinas biodegradables e de baixo custo para crear materiais accesibles e sostibles.

Imaxe do xoguete Sumadoiro e preguntas breves para dar contexto ao mesmo

Imaxe do xoguete Sumadoiro cun esquema dos detalle das suas partes compoñentes como o tableiro base e as pezas

Os deseños, unha vez validados, serán compartidos en repositorios públicos, permitindo o seu uso global. Este enfoque inclusivo busca escalar a implementación a comunidades con recursos limitados, tanto a nivel local como en países en vías de desenvolvemento. "Matemáticas Tanxibles" implementarase inicialmente en centros educativos de Ferrol, garantindo un impacto directo en estudantes, docentes e familias.

Previous Post Next Post