Logos Artigo9tech

Preséntase a avaliación das propostas recibidas e a resolución provisoria do Comité de Avaliación da 2ª Convocatoria de Proxectos de Investigación do "Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común".

O comité reunido o 19/02/2024 estivo formado por: Sergio Fernández Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia, Juan Ortíz de Arquitectura Sen Fronteiras, Lorena Rilo técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña y Acacia Naves profesora da UDC e coordinadora da rede Artigo9tech.

Taboa puntuacións finais convocatoria

O proxecto proposto por MI Lamas queda excluído da avaliación porque non se axusta á convocatoria ao incluír só material inventariable (ver convocatoria).

Taboa importes convocatoria

Os proxectos financiados deberán desenvolverse entre febreiro e outubro de 2024. O importe financiado deberá gastase de acordo ao presuposto presentado na proposta. O responsable deberá presentar unha breve memoria técnica e económica e os xustificantes dos gastos solicitados antes do 1 de novembro de 2024.

Esta resolución pasará a ser definitiva unha vez resoltas as alegacións presentadas os 3 días hábiles seguintes a súa publicación.

Para calquera dúbida ou alegación é posible contactar co equipo responsable no enderezo: artigo9tech@cartolab.eu

Previous Post Next Post