logo Cartolab

Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica. Universidade da Coruña.

Sobre Cartolab

O CartoLab é o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, que pertence ao Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (VAC) da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, dentro do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade da Coruña.

O traballo do Cartolab basease fundamentalmente nos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á Enxeñaría Civil.

Empregamos os SIX, unha ferramenta informática para a xestión de información xeoespacial, para acadar unha planificación e xestión máis eficaz das infraestruturas, os servizos, os recursos e os espazos territoriais.

Desenvolvemos e implementamos metodoloxías e aplicacións para a captura, tratamento, análise e representación dos datos xeoespaciais en proxectos públicos e privados.


Outros proxectos e desenvolvementos


Siros-Emapic

app para facilitar a identificación de espazos naturais de interese e vulnerables

Web > + info descarga

Geomove

estudio dinámico de mobilidade escolar mediante enquisas xeolocalizadas

Web > + info repo

Kaya Clínica

(a clínica das casas) aprendizaxe-servizo sobre técnicas de intervención en medios urbáns precarios

Web > + info

Regla Vertina

regla multifunción que simplifica a resolución de problemas de trazado e medición no debuxo técnico

Web > + info

NavTable

extensión gvSIG para a visualización áxil de entidades de capas de información xeográfica

Web > + info repo

gvSIG EIEL

serie de módulos de gvSIG para axuda nos procesos habituais de proxectos EIEL

Web > + info repo descarga

Ver todos os proxectos e desenvolvementos >