O CartoLab é o Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, que pertence ao Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (VAC) da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, dentro do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade da Coruña.
O traballo do Cartolab basease fundamentalmente nos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) aplicados á Enxeñaría Civil.
Empregamos os SIX, unha ferramenta informática para a xestión de información xeoespacial, para acadar unha planificación e xestión máis eficaz das infraestruturas, os servizos, os recursos e os espazos territoriais.
Desenvolvemos e implementamos metodoloxías e aplicacións para a captura, tratamento, análise e representación dos datos xeoespaciais en proxectos públicos e privados.
(mapping your feelings) aplicación web para a visualización e administración de cuestionarios xeolocalizados para ver en mapas calquera coñecemento, opinión ou sentimento coa súa localización xeográfica.
grupo de investigación que pretende crear unha rede de profesorado e colaboradores das tres universidades e da sociedade civil gallega, con el objetivo de fomentar la colaboración y las iniciativas compartidas en el ámbito de la tecnología aplicada a la cooperación para el desarrollo.
proxecto que ten como obxectivo recuperar o río Monelos da cidade da Coruña. MonRiveR quere descubrir e revivir o río que está soterrado implicando para iso á cidadanía.