O 13 de xuño de 2019 celebrouse en Murcia o Congreso Restaura Ríos 2019. A enxeñeira de camiños Amal Nnechachi realizou a presentación “Biodiversidad y perspectivas para rehabilitar la cuenca del río de Monelos de A Coruña”.
Amal presentou un estudio sobre os hábitats e biodiversidade do río de Monelos e os seus afluentes, a súa evolución histórica, a súa situación actual e o seu posible escenario futuro. A presentación finalizou con 5 ideas finais, o estado do río na actualidade que se atopa parcialmente canalizado na Coruña, excepto na súa cabeceira. Co obxectivo de realizar un estudo das súas condicións antes, durante e despois das canalizacións. A intención de traballar para coñecer os 6 hábitats de interese comunitario, un deles prioritario. Destacar as máis de 620 especies que habitan na conca do río, 87 delas en estado de conservación desfavorable. E, por último, a posible rehabilitación a nivel da conca, que podería ser beneficioso para a fauna e flora.