Manuel Rodilla, experto sobre o río Monelos sobre a “calle Alcantarilla”:
Para min é definitivo o documento que atopei o outro día onde Cort titula a rúa de encima do río: “A calle Alcantarilla”. Define perfectamente cal era o concepto daquel tramo do río no ano 1942. Por que “Alcantarilla” aí e non máis arriba? Porque o río desde a estrada de Monelos, augas arriba, non estaba contaminado con augas fecais pero desde aí augas abaixo si, porque tras ese ensanche de Marín, na saída de cálea Chile nos 40 (e poucos) xa descarga todo o da rede de sumidoiros en libre caída ao río.
A rede de sumidoiros que se constrúe en Monelos en Santa María de Oza no ano 10, que era unha sección de canles ao descuberto descargaba augas fecais directamente ao río. Por tanto, desde a Ponte de Monelos cara abaixo era unha contaminación absoluta, e cara arriba non o era. Primeiro porque non había presión urbanística de ningún tipo. E soamente no ano 45, 46, 47 ou 48, esa fábrica de salgaduras con sales que se chamaba Salgueiro que estaba ao bordo da granxa agrícola empezou a verter nun afluente do río, aí contamínase o río. E seguiu con esa contaminación ata hai poucos anos.