Javascript is required
Imaxe Marzo Ambiental 2020 na UDC: Actividades sobre MonRiveR

Podes participar no Marzo Ambiental 2020 na UDC que se enmarca no Proxecto Educando para a Sustentabilidade da UDC e Fundación Alcoa, que ten como obxectivo formar á comunidade universitaria nos conceptos básicos da sustentabilidade ambiental e social e desenvolver capacidades para actuar naquelas cuestións hoxe prioritarias.

Dentro destas xornadas, encadrado dentro do proxecto de #MonRiveR, realizarase a conferencia "Proxecto MonRiveR: Queremos recuperar o Río Monelos." que terá lugar o 12 de marzo de 10:00 a 11:30h no Salón de Graos 1 da ETSECCP.

E o mesmo día tamén se levará a cabo o obradoiro "Mapa de recordos do río Monelos: Xeolocalización de fotografías antigas" de 12:00 a 14:00h na Aula Informática da ETSECCP. Neste obradoiro pódense traer fotografías sobre o río Monelos en papel (que despois serán devoltas) ou dixitais para posicionar sobre o leito do río empregando Emapic.

Por último, o día 14 de marzo de 11:00 a 15:00h farase o Roteiro MonRiveR: Saída a campo polo curso fluvial do río Monelos. Con punto de encontro na entrada principal ETSE Camiños, Canais e Portos.

Toda a información e inscricións en:

https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/curso/.

Copyright © 2023 MonRiveR-CartoLab

Descriptor Monriver