O 2 de maio realizouse unha unha mesa-coloquio sobre a película “Esquece Monelos” que serviu para presentar o proxecto “MonRiveR”. Un proxecto de investigación que pretende definir as posibles metodoloxías de restauración do río Monelos e a posta en valor do seu curso natural nunha contorna urbana. “MonRiveR” está financiado pola Fundación Alcoa.
O acto tivo lugar no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enx. Civil - CITEEC do Campus de Elviña. Na mesa-coloquio interviron:
- Dr. Jerónimo Puertas Agudo, Catedrático de Enxeñería Hidráulica da UDC e pertencente ao Grupo de Enxeñería da Agua e do Medio Ambiente (GEAMA). O Dr. Puertas falou sobre a restauración fluvial e a infraestrutura verde.
- David Hernáez Oubiña, Xefe do Departamento de Obras do E.P.E. Augas de Galicia, profesor de Enxeñería Hidráulica da UDC e membro do Grupo de Enxeñería da auga e do Medio Ambiente (GEAMA), que tratou as actuacións máis recentes sobre o río Monelos.
- Amal Nnechachi Bounous, Enxeñeira de Camiños Canles e Portos e doctoranda na UDC dentro do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica (CartoLab). Amal Nnechachi ocupouse de presentar o proxecto Monelos River Revival (MonRiveR).
- A mesa estivo moderada polo Dr. Alberto Varela García, profesor de Enxeñería cartográfica, geodésica e fotogramétrica da UDC. Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía.